ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Monday, 21 December 2009 14:26
Hoxe, martes 15 de decembro tivo lugar no salón de actos do concello, a entrega de premios do III Concurso de postais de Nadal CONCELLO DE CARNOTA.
As representacións dos colexios do Pindo e Carnota empezaron a chegar sobre as 11:15 da mañá. Os nenos/as viñan moi nerviosos por ver quen sería o gañador e, ó ritmo de panxoliñas, foron tomando posicións, non sen antes visualizar as postais feitas por eles, que estaban expostas nas paredes do salón. Comezou falando a técnica de cultura, desculpando ó Sr. alcalde, posto que era el o que viría facer a entrega, pero por motivos de saúde non puido acudir. Seguidamente levouse a cabo a entrega dos premios dos 6 finalistas, que foron os seguintes:
1º CICLO: Olalla Expósito Díaz, de 1º do Pindo Manuel traba González, 2º do Pindo 2º CICLO: Sharón Casais Papín, 3º do Pindo Esther Lamela Piñeiro, 4º de Carnota 3º CICLO: “Estrella” de 5º curso do Pindo María Carballo Caamaño, 5º de Carnota.
![]()
Esta última foi a gañadora absoluta, conseguindo que a súa postal sexa a institucional de todo o Concello.
Logo, cando xa eran coñecidos os gañadores, levouse a cabo un sorteo de 2 Mp3 e dunha cámara dixital; e como premio innovador sorteouse un Curso Náutico na escola Náutica NALÚ, sita en Caldebarcos.
Como colofón as técnicas fixeron entrega de cadanseu agasallo ós dous colexios participantes, en agradecemento da colaboración e contando con eles para o vindeiro Nadal.








