TALLER DE MARCAPÁXINAS
Tuesday, 22 December 2009 09:22
There are no translations available.
O pasado venres, 18 de decembro, desenvolvemos un obradoiro de marcapáxinas na Axencia de Lectura Municipal, no marco do programa de animación lectora Venres Lüdicos. Os nenos e nenas que acudiron a súa xa ineludible cita atopáronse con diferentes modelos de marcapáxinas para escolleren os que mais lles gustasen e poñerse mans á obra.
![]()
Tiveron que debuxar, pintar e recortar e conseguiron facer uns marcapáxinas estuupendos. Ao marcharen aproveitaron para coller libros emprestados na biblioteca e levalos para a casa para poder estrear os marcapáxinas acabados de facer.








