PROGRAMA LEADER: CARNOTA
Thursday, 28 January 2010 11:41
There are no translations available.
O pasado martes presentouse en Carnota as axudas do programa Leader Galicia 2007-2013, desenvolvido polo GDR Costa da Morte. A presentación acudiu unha grande masa de persoas interesadas nas novas liñas de acción, destacando comunidades de montes, hostalería e membros de asociacións. Todo proxecto debe cumprir co requisito de subvencionalidade, que é o seguinte: Carácter innovador, entendido non só como innovacións tecnolóxicas senón como a exploración de novos xeitos de enfrontarse aos retos que se suscitan no territorio. Viabilidade: o proxecto debe ser viábel técnica e economicamente, comprobándose especialmente a súa viabilidade financeira. Adecuación do proxecto á estratexia do programa de desenvolvemento definida. TIPOLOXÍA DE ACCIÓNS SUBVENCIONABLES Atendendo á estrutura proposta na propia convocatoria do programa LEADER- GALICIA 2007-2013, e tendo en conta ás necesidades que ten o territorio, no PDR da Asociación Costa da Morte – GDR plantéxanse a seguinte tipoloxía de accións: 1. DINAMIZACIÓN DO SECTOR AGRARIO E FORESTAL 1.1.- Investimentos no sector agrario. Proxectos de investimento en explotacións agrarias, coa finalidade de mellorar o seu rendemento global. Tipo de accións a desenvolver: Investimentos en novas tecnoloxías de produción en explotacións agrarias. Investimentos nas granxas de porcino para o fomento da marca da calidade: porco celta. Instalacións de enerxías alternativas nas explotacións (xeotérmica, ..). Actuacións para a mellora medioambiental das explotacións agrarias Investimentos en instalacións agrarias con Micrófonos e Webcam para a comunicación directa cos centros de interese (centros fitopatolóxicos para a detección de pragas e enfermidades, e cos centros metereolóxicos para anticiparse as xeadas, néboas…). Investimentos en actividades de comercialización mediante TIC´s (internet, etc). 1.2.- Aumento do valor engadido dos montes. Proxectos que impliquen a posta en valor de superficies de montes veciñais en man común ou de asociacións de propietarios, sempre que sexan actuacións singulares, excluíndo as plantacións ou actuacións forestais regulares e os tratamentos silvícolas asociados a elas. Mantemento e recuperación de sistemas pastorís en Montes veciñais en Man común. Tipo de accións a desenvolver: Investimentos na creación empresarial de servizos de asesoramento para mellorar a xestión das explotacións e dos montes. Investimentos necesarios para a posta en funcionamento nas asociacións dos UXFOR para a explotación dos montes. Impulso da plantación de frutícolas para a produción de sidra. Iniciativas de aproveitamento do sotobosque mediante explotacións gandeiras (vacas, ovellas, etc) Iniciativas para a posta en valor do patrimonio do monte. Fonte de riqueza económica. Implantación de Certificacións forestal sostible (FSC, PEFC,..). Investimentos na mellora da calidade e seguridade dos productos mediante o establecemento de Sistemas de Calidade e Trazabilidade. Viveiro de plantas ornamentais (acevos, camelias,...) con novos sistemas produtivos. Actuacións para a mellora medioambiental dos montes, por exemplo con especies autóctonas (carballo, castaño,etc..) 1.3.- Aumento do valor engadido dos produtos agrarios e forestais. Proxectos de transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais. Tipo de accións a desenvolver: Investimento en actuacións de comercialización dos produtos da horta. Creación dun portal de produtos da Costa da Morte multiproduto (Alimentación, Artesanía, Flor...) e multiusos, para a compra/venda e a distribución de produtos e estudo da viabilidade da posta en marcha do portal. Transformación e comercialización doutros produtos forestais como a cortiza, resina, toxo, cogumelos,.... Potenciar a 1ª transformación da madeira. Investimentos para a Comercialización de produtos do monte (mel,….). Nave para a venda. 1.4.- Cooperación para desenvolver novos produtos,procesos e tecnoloxías nos sectores agrario, alimentario e forestal. Proxectos de cooperación entre produtos agrarios ou forestais, empresas de transformación e comercialización agraria ou forestal e /ou centros tecnolóxicos e de investigación de cara ao desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías, con especial referencia a aqueles proxectos que ofrezan saídas alternativas e de mellor calidade e que incrementen o valor engadido dos produtos. Tipo de accións a desenvolver: Investimento en agricultura ecolóxica e a helicicultura. Investimento no fomento do sector hortícola. Investimento necesario para a posta en funcionamento das CUMAS para compartir a maquinaria. 2. MELLORA MEDIOAMBIENTAL DO CONTORNO RURAL 2.1.- Investimentos non produtivos en explotacións agrarias Tipo de accións a desenvolver: Deseñar e/ou utilizar unha ferramenta informática para controlar o límite permitido para o xurro. Ø Estudo de medidas a utilizar para minimizar o consumo de auga nas explotacións agrarias 2.2.- Investimentos non produtivos para a adecuación, recuperación e posta en valor do patrimonio natural no contorno rural Tipo de accións a desenvolver: Posta en valor do entorno dos ríos, dos mananciais. Protección da Biodiversidade. Habilitación dun Parque xeomorfolóxico na zona do Pindo, Camariñas. Accións de uso social e educativo e recreativo dos montes (excursións escolares, visitas turísticas e de natureza, etc.). Establecer Rutas de sendeirismo por paraxes naturais que sexan accesibles 3. DIVERSIFICACIÓN DA ECONOMÍA RURAL E MELLORA DA CALIDADE DE VIDA 3.1.- Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida. Tipo de accións a desenvolver: Agroturismo: Servizos de turismo e granxas. : o turista ve como se ordeña, como se fai o queixo… Realización dunha campaña de marketing dos produtos locais e creación de expositores. Acondicionamento e modernización das explotacións cara aos novos servizos de agroturismo. Servizos directos de venda de produtos locais nas explotacións Creación de puntos de venda e comercialización de produtos locais agrarios, forestais, artesanais, etc. integrados nos restaurantes, comercios, lugares de interese. Investimento necesarios para aplicación da agricultura ecolóxica: producción e comercialización Creación dunha cooperativa de servizos para o sector artesán Posta en marcha dun centro de día para a 3ª idade, aproveitando edificios en desuso Posta en marcha dunha Casa de acollida para mulleres Centro de promoción da igualdade para o desenvolvemento rural Acondicionamento dunha explotación agrario para a súa adaptación a granxa escola. Creación dunha Escola de Formación en Oficios tradicionais (cantería, cesteiros, queixeiros, ..) Infraestructuras para o deporte, a través da ampliación das existentes (campos de fútbol cunha pista de atletismo,..) 3.2.- Creación, ampliación, modernización e/ou traslado de pemes, en sectores da economía diferentes ao da produción agraria primaria Tipo de accións a desenvolver: Creación de microempresas de servizos (empacadoras, transporte de material gandeiro,..) Creación de Redes de empresas para actividades de cooperación interempresarial Investimentos na creación de novos negocios innovadores co seu estudos de viabilidade técnicas Estudo de iniciativas a tomar para promover o cambio xeracional en sectores maduros do territorio (cesteiros, canteiros, agricultores e artesáns) 3.3.- Fomento de actividades turísticas. Tipo de accións a desenvolver: Mellorar a información das rutas turísticas existentes. Actividades de promoción dos recursos turísticos. Fomento da colaboración mixta casa rural-explotación; casa rural-propietarios de montes, etc. para a creación de Paquetes turísticos. Creación dun museo etnográfico e de apeiros. Creación e acondicionamento dunha ruta de sendeirismo que conecta a tódolos concellos. 3.4.- Servizos básicos para a economía e a poboación rural. Tipo de accións a desenvolver: Oficina de asesoramento sobre os requisitos e a formación que deben adquirir os distintos profesionais antes da posta en marcha dunha iniciativa empresarial Posta en marcha dun servizo de transporte colectivo, accesible e sostible entre os concellos (Laxe, Camariñas, Vimianzo, Baio...)adaptado ás demandas dos usuarios. Mellorar o acceso ós puntos de interese. Rede galega de centros ó aire libre: iniciativas medio ambientais, valorización de recursos naturais mediante actividades e deportes ó aire libre. Actividades de rehabilitación de muíños para a produción de enerxía Creación dunha aula para talleres medio ambientais. Creación de rutas de dolmens, petróglifos, hórreos, rutas a cabalo... Posta en marcha dun observatorio didáctico do agrosistema. Creación de rutas ornitolóxicas con puntos de observación de aves con guía profesional. Elaborar un inventario de rutas e camiños tradicionais, e elaboración dunha guía. Recuperación das pontes tradicionais: rehabilitación e posta en valor Realización dun espazo Land Art: actuación na natureza, exposicións.








